21 de febreiro. DÍA DA LINGUA MATERNA



Sabías que...?


  • No ano 1999 a UNESCO aprobou a iniciativa de Bangladesh que o día 21 de febreiro se declarase Día Internacional da Lingua Materna, para celebrar a riqueza que supón a diversidadelingüística do planeta?
Desde o ano 2000 así se vén celebrando; promovendo a transmisión xeneracional dos idiomas locais, a pluralidade lingüística e cultural da humanidadae








24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta máis internacional. Con este motivo, o alumnado de FP Básica I gravou un video recitando algúns poemas da autora.



30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ 2020

A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema celebrou o Día da Paz coa lectura de álbums ilustrados sobre esta temática. Velaquí tendes a alumnas dos clubs de lectura de 1º e 2º da ESO lendo a todo o alumnado do centro.

Que mellor lembranza deste día que a imaxe dunha nena lendo un libro!



Sabías que...?

Sabías que...?

  • Rosalía de Castro ten o seu nome na estrela HD149143 da constelación O Fiuco (o encantador de serpes)?


Sabías que...?

  • O explaneta "HD14914310" que xira arredor do mencionado astro chamarase "Río Sar" en honra a súa obra "En las orillas del Sar?

MULLERES MATEMÁTICAS

Unha vez máis o Departamento de Matemáticas  nos sorprende cunha exposición de chapas protagonizadas por mulleres Matemáticas elaborada por unha profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
































Club de lectura Baiolendo 2019-2020 (1ºtrimestre)


Por fin temos o resumo de todo o que lemos neste primeiro trimestre os rapaces e rapazas do Club de Lectura Baiolendo. Como era de esperar disfrutamos moito das lecturas e é por iso que queremos compartir con todos vós estes momentos.
A lectura estanos unindo e e está a axudarnos a medrar como persoas.





LEDICIA COSTAS NA BIBLIOTECA DO IES MAXIMINO ROMELEDICIA COSTAS

O 18 de decembro recibimos na Biblioteca a Ledicia Costas, unha das autoras máis recoñecidas actualmente.
Para comezar recibiu o club de lectura de 1º ESO, que a bombardearon con cuestións relacionadas con Escarlatina, a cociñeira defunta. A autora ante a paixón que amosaban, animounos a ler a segunda parte: Esmeraldina, a pequena defunta, e... xaora que o van faceer!
A continuación tivo lugar o encontro con varios dos personaxes de A balada dos unicornios, interpretados polas alumnas do club de lectura de 2º ESO.  A autora amosouse gratamente sorprendida e inmortalizamos o momento nunha improvisada sesión fotográfica. Tamén houbo tempo de intercambiar opinións, dúbidas... Ledicia ata nos fixo un descubrimento do que algunhas non nos decataramos na lectura do libro.
Finalmente tivo lugar o encontro da autora co alumnado de 1º de bacharelato no que autora comentou diversos aspectos da exitosa obra Infamia e anunciounos unha SEGUNDA PARTE!!!





Moitas grazas Ledicia por esta intensa visita literaria.