Un grupo de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato amosan a súa solidariedade e apoio ás vítimas da violencia machista no vídeo que vos presentamos a continuación; un vídeo en conmemoración do 25N e coordinado dende a Biblioteca.
VÍDEO 25N DE 1º DE BACHARELATO
MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Un minuto de silencio no IES Maximino Romero de Lema
Un ano máis a Biblioteca segue a ser o centro impulsor de actividades relacionadas coa concienciación e sensibilización cara a determinadas lacras sociais; nos días pasados levamos a cabo distintas iniciativas arredor do 25N que involucraron a toda a Comunidade Educativa. O cume de todas foi a realizada o pasado venres cando todos e todas participamosnunha homenaxe ás vítimas da violencia machista, que consistiu en que en cada aula alumnos e alumnas lían o manifesto diante dos seus compañeiros e compañeiras e, a continuación, gardaban un minuto de silencio; mentres no patio o grupo de 2º de ESO fixo unha “performance” arredor dos 38 pares de zapatos sobre unha tea violeta, que lembraban as mulleres asasinadas. Velaquí vos deixamos un vídeo que recolle a esencia desta iniciativa.
DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO
De fronte á violencia de xénero
A nosa Biblioteca participa na campaña “De fronte á violencia de xénero” da Deputación da Coruña e entregou no día de hoxe un vaso reutilizable co lema da mesma; un xeito diferente de incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre toda a Comunidade Educativa.
Rapaces e rapazas atopárono nas súas mesas a primeira hora e así comezaron o día lembrando que todos os días, mais neste en especial, débese rexeitar a violencia machista.
EXPOSICIÓN 25N
Pares de zapatos simbolizan as vítimas da violencia machista
no IES Maximino Romero de Lema
Dende a Biblioteca, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, estendemos unha longa tea violeta na entrada do Centro na que aparecen 38 pares de zapatos que representan as vítimas e as menores asasinadas pola violencia machista. O acto de homenaxe a todas elas consistiu nunha lectura do manifesto e a enumeración das mulleres asasinadas por parte do alumnado de 2º de ESO que baixo as máscara brancas fixeron unha pequena “performance” . Ao pé de cada par de zapatos estaba o nome da vítimas e lemas a favor da eliminación da violencia contra a muller. Ao final do acto gardouse un minuto de silencio por todas elas.
O resto do alumnado lía o manifesto e gardaba un minuto de silencio en cadansúa aula.
TIKTOK “POR ELAS”
“Por Elas” é o vídeo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller feito polo Voluntariado e Equipo da Biblioteca do noso Centro.
Con este video quixemos render unha homenaxe a todas as vítimas desta lacra social no que levamos de ano para que non queden no esquecemento.
Por elas, para que a súa historia non se volva repetir, debemos camiñar todos e todas xuntos para conseguir unha sociedade onde a igualdade sexa realidade.
MANIFESTO 25N
Dende a Biblioteca elaboramos o manifesto do 25N para ler mañá, día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
MURAL 25N
Cantas noticias máis tes que ler?
Mural feito con recortes de xornais polo voluntariado da biblioteca ao longo deste mes. Nel pódense ler diferentes noticias relacionadas coa violencia contra a muller.











