GAÑADORES DOS CONCURSOS DO SAMAÍN.

 Hoxe entregamos no segundo recreo os premios aos gañadores dos concursos do Samaín impulsados dende a Biblioteca.



         Miguel de 2º da ESO foi o gañador do concurso de cabazas terroríficas.



Adrián de 1º da ESO foi o gañador do concurso de relatos de medo do Samaín.

PARABÉNS!!!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Para conmemorar este Mes da Ciencia en Galego, elaboramos esta exposición con diferentes libros e álbums con temática científica.





GAÑADOR RELATOS DE MEDO DO SAMAÍN

 GAÑADOR DO III CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN #CALAFRÍO NUN CHÍO

1º ESO - ADRIÁN MACÍAS LEMA



Velaquí vos ensinamos outros relatos terroríficos que nos fixeron chegar.



GAÑADOR CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

 GAÑADOR CONCURSO CABAZAS

2º ESO - MIGUEL RAMOS PASTORIZA




Velaquí vos ensinamos outras cabazas terroríficas que nos fixeron chegar.




















O gañador poderá recoller o premio o xoves 10 no primeiro recreo.

😉😉😉NORABOA 😉😉😉


RECUNCHO REFRANEIRO DO MES DE NOVEMBRO

 


LENDAS DO SAMAÍN 1º DA ESO

 O Equipo da Biblioteca consegue recuperar do Alén o arquivo fotográfico de 1º ESO

Como vos contabamos na anterior comunicación unha rebuldeira cociñeira defunta levara consigo o arquivo fotográfico do Samaín de 1ºESO ao alén. O Equipo da Biblioteca, sabedor de que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro é a mellor data para baixar ao mundo de ultratumba, alá fomos as catro para recuperar tan ansiado tesouro. A tarefa foi ardua, pero superamos todos os obstáculos e conseguimos volver ao aquén co vídeo que aquí vos deixamos e que xa forma parte do noso patrimonio cultural.



LENDAS DO SAMAÍN 2º DA ESO

 1º e 2º de ESO recrean narracións tradicionais no Samaín

O pasado venres co gallo do Samaín contamos na Biblioteca con excelentes contistas de 1º e 2º da ESO que relataron contos e lendas tradicionais arredor da morte que lles transmitiron no seo da familia. Mortos, aparecidos, almas en pena, fantasmas... acompañáronos durante as dúas sesións nas que houbo algún que outro sobresalto, arrepío, medo... mais tamén bombóns que unha leda caveira ofrecía a quen participaba, e moitos risos por parte do público asistente. Velaquí vos deixamos o vídeo no que aparecen os/as principais protagonistas de 2º ESO.


O arquivo fotográfico de 1º da ESO está no alén por unha brincadeira de Escarlatina, a cociñeira defunta, mais o Equipo da Biblioteca promete rescatalo o antes posible para revelarlle ao mundo do aquén este impresionante documento do noso patrimonio cultural.