REUNIÓN AXUDANTES DA BIBLIOTECA
Hoxe tivemos a primeira reunión de axudantes da biblioteca na que organizamos os horarios.
O próximo luns comezamos!
CALENDARIO HORA DE LER
O próximo luns 3 de outubro comezamos coa Hora de Ler.
Aquí pódese ver o calendario da Hora de Ler deste curso.
FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS
Hoxe impartimos a formación de usuarios ao alumnado de 1º da ESO. Ensinásmoslles o funcionamento da nosa biblioteca, aprenderon a buscar os exemplares nas estanterías e, ademais, entregámoslles unha guía da biblioteca.
Pasárono en grande! 😊😊😊
LIBROS LIDOS POLO CLUB DE LECTURA BAIOLENDO
Presentámosvos un vídeo constituído por fotografías que recollen a esencia dos libros lidos no Club de Lectura Baiolendo durante este curso académico. Lectura, fotografía, arte e reflexión mestúranse nesta actividade que se inclúe no Contrato Programa Innova de Fotografía que desenvolvemos durante todo o curso no noso Centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












