PREMIO PLANETA 2021
O Premio Planeta 2021 foi para a novela "La Bestia" de Carmen Mola, un seudónimo que quedou desvelado e detrás do cal non había ningunha muller, xa que pertence a tres amigos escritores e guionistas: Antonio Mercero, Agustín Martínez e Jorge Díaz.
BENVID@S AO NOSO CLUB DE LECTURA
PREMIO NOVEL DE LITERATURA 2021
O novelista tanzano Abdulrazak Gurnah gaña o Premio Nobel de Literatura. A academia sueca, que concede o galardón, premiouno pola "súa penetración intransixente e compasiva dos efectos do colonialismo e o destino do refuxiado no abismo entre culturas e continentes".
PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2021
O escritor Diego Corbalán Hernández, máis coñecido como "Magius" gaña o Premio Nacional de Cómic coa obra "Primavera para Madrid", destacada polo xurado "pola valentía e riqueza da proposta argumental".
PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2021
O escritor Xosé Monteagudo Folgar gaña o Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra "Eternity", pola actualidade e trama relacionada coa precariedade laboral e o mundo dixital, e a súa relación coas redes sociais.
FÍO MUSICAL OUTUBRO
OUTUBRO
Entrada da
mañá: A
porta violeta, de Son de Cabana
1º recreo: Muller, de Ses
2º recreo: Querémonos
libres, de Cuarta Xusta
Entrada da
tarde: Son
muller, de MBCP





