ANDAINA FOTOGRÁFICA

 O alumnado de 3º da ESO realizamos unha ruta fotográfica organizada polo Departamento de Educación Física e polo Equipo da Biblioteca. O obxectivo era combinar deporte, paisaxe e fotografía. E… abofé que o conseguimos! Fixemos unha andaina gozando da paisaxe do tramo do río do Porto que vai dende a fermosísima Carballeira da Devesa de Baio ata case a área recreativa de Pedra Vixía, ao mesmo tempo que, inmortalizabamos a través das nosas cámaras fotográficas ou dos móbiles aqueles elementos da natureza que máis nos abraiaban. Xa enviamos as nosas fotos ao concurso convocado dende a Biblioteca que premiará as máis artísticas.

Aquí podedes ver unha pequena gran mostra do que nos envistes 😍



































GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTAS MARABILLOSAS FOTOS

Repostería creativa: Letras galegas

 Dende a biblioteca quixemos endulzar o día das Letras Galegas  facendo un obradoiro de Repostería creativa co alumnado de 1º da ESO onde os rapaces e rapazas decoraron galletas con imaxes de Xela Arias. Resultou ser este un obradoiro que gustou moito ao alumnado. Con estas fotos podedes facervos unha pequena idea do moito que gozamos.


















LETRAS GALEGAS 2021

AS LETRAS DE XELA

Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.

Desde 1982, deu a coñecer os seus poemas en recitais, festivais e xornais e revistas.

En 1986 foi finalista do premio Losada Diéguez co seu primeiro libro, Denuncia do equilibrio.

En 1990 saíu do prelo Tigres coma cabalos, e, en 1996, o poemario Darío a diario, dedicado ao seu fillo. De 2003 é a súa derradeira obra, Intempériome.

Exerceu un labor pioneiro no mundo da tradución, que a fixo merecente de varios premios.


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias, e na biblioteca fixemos estes 3 modelos de marcapáxinas que recollen unha pequena biografía sobre Xela e algúns dos seus versos. 

O venres entregámosllos ao alumnado do noso centro para celebrar este 17 de maio.









XV SEMANA CULTURAL IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

 XV SEMANA CULTURAL

O próximo mércores darémoslle a benvida a nosa semana cultural, que se celebrará o 19, 20 e 21 de maio. Aquí vos amosamos o cartel coa programación establecida para os vindeiros días.