EXPOSICIÓN ZOQUIÑAS VERMELLAS

 Camiñando contra o maltrato no IES Maximino Romero de Lema



A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema sigue cos preparativos da Semana Cultural, que se

celebrará durante a semana do 17 de maio, por iso, dende o día 11 de maio e ata finais de mes

contamos coa exposición Zoquiñas vermellas, símbolo de reivindicación dunha sociedade máis

igualitaria.

Este proxecto replica aquí, na Costa da Morte, a iniciativa dos Zapatos Vermellos da

artista mexicana Elina Chauvet que naceu con 33 pares de calzado vermello, da cor do sangue

en lembranza da súa irmá, vítima de maltrato, e de todas aquelas mulleres asasinadas e xa

para sempre ausentes.

Tras expoñerse en México, Arxentina, Chile, Ecuador, Italia, Reino Unido... a idea de

Chauvet chega adaptada a Galicia grazas á Asociación Oleira de Buño e a entidade Invisibles

para continuar denunciando esta lacra social.

No noso centro apostamos por manter vivo o debate para conseguir unha sociedade na

que o maltrato por ser muller non teña cabida. Por iso tamén contribuiremos coa venda de

broches de zoquiñas vermellas cuxa recadación irá destinada a prestar axuda a vítimas da

violencia de xénero.

Así mesmo tamén colaboramos facendo estas zoquiñas no noso obradoiro de olería, ao final poderedes ver algunhas fotos.












MERGULLÁNDONOS NA EXPOSICIÓN "NÓS SOMOS ELAS"

 Dende a Biblioteca realizamos unha unidade didáctica da exposición para fomentar a reflexión ao redor da mesma a toda a Comunidade Educativa.

UNIDADE DIDÁCTICA "NÓS SOMOS ELAS"

EXPOSICIÓN "NÓS SOMOS ELAS"

NÓS SOMOS ELAS ”: PATRIMONIO E MEMORIA

            Dende a Biblioteca e durante todo o mes de maio convidámosvos a visitar a mostra itinerante “Nós somos elas”, promovida pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e pola área de Igualdade da Deputación da Coruña.

            A exposición é unha montaxe de 24 fotografías que retratan mulleres da Costa da Morte pertencentes a distintos períodos cronolóxicos do século XX ata 1970, principalmente. As fotos foron seleccionadas por recoller instantáneas protagonizadas por mulleres de todas as idades e polo seu rol antropolóxico de avoas, nais e fillas. Por seren o soporte dunha familia moitas veces esgazada en dous polo exilio e pola emigración forzosa. Nas súas facianas latexa a dureza dos tempos que lles tocou vivir. Cada imaxe do pasado vese homenaxeada por versos de poetas galegas do presente; voces consagradas como a de Luz Pozo Garza -falecida hai xa máis dun ano-, Helena Villar Janeiro, Pilar Pallarés, Olga Patiño ou máis novas como Berta Dávila, , Lucía Aldao, Rosalía Fernández Rial...

            O noso alumnado poderá gozar desta pequena mostra de fotografías das máis de 67.000 que compoñen o Arquivo Vidal, conservado no Museo do Mar de Laxe e así, pór en valor a fotografía como testemuña da nosa historia, como ferramenta esencial da nosa memoria. Realizará un percorrido acompañado de actividades didácticas sobre o significado da composición das fotografías, a súa motivación e función e, sobre as voces poéticas que representan o futuro.




ENTREGA DO PREMIO DO CONCURSO "FOTOGRAFÍA 8M"

Hoxe entregamos o premio a gañadora do concurso de fotografía 8M.

Dende a biblioteca quixemos homenaxear tan fermosa foto escribindo un poema e así conformamos a composición: Unha ollada perenne. Velaquí tedes aquí a fotografía.

Parabéns Helena! 😁








FIO MUSICAL 10 MAIO

  A música que soará durante as próximas dúas semanas será a seguinte:




GAÑADORA CONCURSO FOTOGRAFÍA DÍA DA MULLER

 A fotografía que resultou gañadora do concurso de "Fotografía día da muller, Mulleres bravas!" foi a feita por:

 Helena Vázquez Espasandín (1ºESO)

Noraboa Helena 😃





RECUNCHO REFRANEIRO

 Comezamos o mes de maio con este refran no noso recuncho 😀👀💪