23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Con motivo do Día de Rosalía, o noso instituto convida a toda a Comunidade Educativa a visitar durante esta semana a exposición “ROSALÍA: proclamar ao mundo que Galiza existe”, unha mostra que nos achega á figura universal de Rosalía de Castro desde unha perspectiva rigorosa, didáctica e actual.
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
Aquí deixamos testemuño da participación do alumnado e profesorado nas actividades do entroido.
O alumnado colaborou nas tarefas de decoración da biblioteca con adornos característicos do entroido. Ó longo da semana tanto boa parte do alumnado coma do profesorado foron cumprindo os mandados do entroido, que este ano consistiron en vir ó centro disfrazados con pixama, de deportistas, elegantes, de macarras ou de calquera cuestión relacionada coa Música.
MAICA GORGAL VISITA O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
Hoxe, 2 de febrero, Maica Gorgal visitou o Club de lectura de adultos para presentarnos a súa obra A casa da mina.

.jpg)