DÍA DA PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no ámbito educativo e, con tal motivo, o alumnado da materia de Relixión, guiado pola súa profesora, elaborou unha grande pomba de cartón forrada con flores brancas de papel tamén elaboradas polo propio alumnado. No reverso escribiron tódolos nomes dos membros da comunidade educativa do centro.

Para completar o decorado do corredor da biblioteca, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou no concurso de decoración de pombas da paz, do cal resultou gañadora Noa Rama de 1º de ESO cunha proposta moi orixinal e laboriosa.








































OBRADOIRO DE ORIGAMI POLO DÍA DA PAZ

Dentro das actividades do Día da Paz, hoxe tivemos un obradoiro de origami levado a cabo pola nosa profesora Luchy en colaboración co departamento de Matemáticas.



























CARMEN V. VALIÑA PRESÉNTANOS O SEU LIBRO ILLA DE SANGUE

Illa de sangue, a novela de Carmen V. Valiña galardoada co Premio Repsol de Narrativa Breve 2025, foi a protagonista da última sesión do clube de lectura do IES Maximino Romero de Lema de Baio. O encontro serviu para afondar no proceso de creación da obra, que se inspira na illa de San Simón e na súa turbulenta historia, pero tamén para debater sobre algunhas das cuestións que aborda e nas que as persoas asistentes se puideron ver reflectidas: os tabúes e lazos familiares, a ruptura cun pasado que doe ou as consecuencias da represión que seguiu á Guerra Civil.

A través das personaxes de Helena, Coral ou Raúl, o clube serviu tamén para plantexarnos como as feridas do pasado e as relacións co noso entorno máis próximo nos condicionan, así como para plantexarnos que teríamos feito nós de ter estado no lugar que esas personaxes ocupan. Unha sesión na que a memoria, o pasado e os lazos familiares foron os auténticos protagonistas, a través dunha historia na que a desaparición da protagonista é só o punto de partida para plantexarnos cuestións que afectan directamente á nosa identidade e á nosa posición no mundo.
Moitas grazas Carmen pola túa visita e por achegarnos a este libro que sen dúbida aconsellamos ler!