O enigma de Sempreviva de Andrea Maceiras


    O Club de Lectura de 1º xa leva como agasallo para ler neste Nadal o libro de O enigma de Sempreviva de Andrea Maceiras para ler este Nadal

    Á volta escudriñaremos a súa fermosa historia.


BO NADAL E BOA LECTURA



Cosendo as nosas bolsas




 



    O Club de Lectura de 1º ESO, coa axuda da súa coordinadora adicou o seu tempo de lecer a facer as súas propias bolsas de tela para os libros de lectura.

    Encantoulles tanto esta actividade.

    Agora tócoanos completar o noso kit cun marcapáxinas tamén de tela.



OBRADOIRO DE ORIGAMI DE NADAL

 Hoxe tamén tivemos o obradoiro de origami de Nadal con Luchy en colaboración co departamento de Matemáticas 😁












CHOCOLATADA DE NADAL DO CLUB DE LECTURA

 Hoxe no primeiro recreo tivemos a tradicional chocolatada de Nadal na que nos xuntamos todos os participantes do Club de Lectura Baiolendo.


















ABRIL CAMINO PRESENTA O SEU LIBRO MULLERES QUE VIVEN XUNTAS

Abril Camino acompañounos esta tarde no Club de Lectura de Adultos para presentar e falar en torno ao seu libro Mulleres que viven xuntas, que foi galardoada co XLII Premio Xerais de Novela.

Mentres compartíamos un café e uns doces propios destas datas de Nadal, comezou explicando o por que usa un seudónimo nas súas obras, para despois pasar a compartir con nós as motivacións que a levaron a escribir esta novela, na que se visibiliza a historia de amor entre Chus e Isabel, dúas mulleres da xeración da posguerra española.
Esta é unha novela de pares: dúas mulleres, dous tempos (pasado e presente), un narrador en terceira persoa e outro en primeira persoa...Chus e Isabel son parella pero, á vez, son dúas persoas contrapostas; unha leva impresa a represión da sexualidade e a outra vive máis afastada dos prexuízos alleos.
Como a mesma autora manifesta, estamos ante unha historia máis común do que a sociedade quere admitir e cremos que a súa lectura contribúe a normalizala.