O Departamento de Matemáticas está moi activo este curso. Agora traballa cos datos estatísticos relacionados cos apelidos máis frecuentes na zona... Así dá gusto aprender estatística!
Estudo estatístico de apelidos na Zona
O Departamento de Matemáticas está moi activo este curso. Agora traballa cos datos estatísticos relacionados cos apelidos máis frecuentes na zona... Así dá gusto aprender estatística!
Un loto na neve
O
CLUB DE LECTURA DE 4º E 3º DA ESO,
“
Dous
máis sete”, queremos recomendarvos
UN
LOTO NA NEVE
Neste
primeiro trimestre, lemos Un loto na neve
de Gonzalo Moure; tras unha posta en común decidimos recomendar este
libro para rapaces e rapazas dos nosos anos.
Destacamos:
-
A orixinalidade do argumento: É un libro moi distinto a unha lectura convencional porque se alonxa do que estamos afeitos. Lévanos a lugares lonxanos a partir da afección do protagonista polo montañismo.Tamén nos achega a outras culturas, como a dos Khampa situándonos no Tíbet e amósanos como influíu neles a revolución chinesa.
-
O libro aportounos:Coñecementos para a vida: sobrevivir en condicións moi precarias; a orientarnos na vida; coñecementos de montañismo; e sobre todo compañeirismo e valentía.O orgullo de ter a nosa cultura e manter as nosas ideas por enriba de todo.
Esperamos
de todo corazón que vos guste a lectura e que vos leve ás vosas
apaixoantes viaxes literarias.
Recomendacións de Nadal
Coma tódolos anos aquí vos deixamos unha pequena recomendación de Nadal que pensamos que pode ser do voso interese.
BO
NADAL E MELLOR ANO 2018
25 de novembro
O pasado 25 de novembro toda a Comunidade educativa se reuníu para conmemorar o día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.
Ao longo do mes de novembro fóronse facendo diversas actividades co gallo de concienciarnos. Fixemos chapas, microrrelatos, un pequeno manifesto e varias exposicións.
Neste enlace podedes ver e escoitar o manifesto. É un pequeno video elaborado polo Concello:
https://www.facebook.com/concellozas/videos/1756304981060013/
O IES RECOMENDA

Por Pascual Alapont
Cando tiven este libro nas mans, o primeiro que fixen foi fixarme ben na portada para imaxinar (antes incluso de saber do que trataba o libro) o que me suxería. Concentreime na ollada da moza, parecía perdida, e semellaba pedir axuda. Logo fixeime na atmosfera que a rodeaba. Todo estaba escuro ao seu redor.
Ao ler a reseña, recordo exactamente o que pensei: aquelo era un deses típicos libros que intentaban ensinar á xente nova como contrarrestar a violencia de xénero. É estaba no certo, pero en verdade, o libro era moito máis ca iso.
Marta era unha moza duns 20 anos, que comezaba a mergullarse no que significa a madurez e o chegar a ser adulto. Marta estudaba dereito e vivía con dúas amigas preto da facultade. Sen embargo, non estaba a pasar un bo momento sentimental, xa que acababa de rematar unha relación.
De súpeto, apareceu na súa vida un rapaz que semellaba coñecela e comprendela. Pouco a pouco, e sen darse conta, o mozo foise metendo en todos os ámbitos da vida de Marta, pese a que ela non estaba aínda preparada para ter outra relación. El perseguíaa, quería coñecer todo o que facía a cada instante, as súas amizades, e ela deixábase levar por esa atención desmesurada.
Logo dun tempo xuntos, o rapaz foina separando dos seus familiares e amigos, de xeito que a rapaza estaba cada vez máis indefensa ante as, xa rutineiras agresións psicolóxicas e físicas.
O final do libro, non volo vou a contar, xa que espero que o leades e que descubrades o sorprendente desenlace.
Despois de que a ficción rematase, o libro tamén inclúe A Máscara do amor, por Vicente Garrido. Neste fragmento final do libro, danse unha serie de indicacións que todas as mozas deberían ter presentes para non sufrir episodios deste tipo, ou cando menos, saber saír deles da mellor forma posible.
Pareceume moi interesante o feito de que tamén se lle deran unhas indicacións aos mozos sobre como deben e non deben tratar ás súas mozas, xa que temas como o da violencia de xénero deben ser abordados en profundidade nas aulas, nas casas e na sociedade en xeral.
En conclusión: este libro gustoume moito, pola realidade que nos ensina a nivel persoal e social. Invito a que o leades e reflexionedes, de xeito que ningunha muller viva nunca un Inferno de Marta.
Noa Lema Rial
3º da ESO
Exilio e Deportación. De Monterrei e Boborás aos campos nazis
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)