O enigma de Sempreviva de Andrea Maceiras


    O Club de Lectura de 1º xa leva como agasallo para ler neste Nadal o libro de O enigma de Sempreviva de Andrea Maceiras para ler este Nadal

    Á volta escudriñaremos a súa fermosa historia.


BO NADAL E BOA LECTURA



Cosendo as nosas bolsas




 



    O Club de Lectura de 1º ESO, coa axuda da súa coordinadora adicou o seu tempo de lecer a facer as súas propias bolsas de tela para os libros de lectura.

    Encantoulles tanto esta actividade.

    Agora tócoanos completar o noso kit cun marcapáxinas tamén de tela.



ÁRBORE DE NADAL CON MATERIAL DE RECICLAXE


Este Nadal o alumnado de 1º ESO de Relixión en coordinación co Equipo da Biblioteca crou as súas propias árbores de nadal con follas de libros descatalogados para adornar os seus fogares.












OBRADOIRO DE ORIGAMI DE NADAL

 Hoxe tamén tivemos o obradoiro de origami de Nadal con Luchy en colaboración co departamento de Matemáticas 😁












CHOCOLATADA DE NADAL DO CLUB DE LECTURA

 Hoxe no primeiro recreo tivemos a tradicional chocolatada de Nadal na que nos xuntamos todos os participantes do Club de Lectura Baiolendo.


















ABRIL CAMINO PRESENTA O SEU LIBRO MULLERES QUE VIVEN XUNTAS

Abril Camino acompañounos esta tarde no Club de Lectura de Adultos para presentar e falar en torno ao seu libro Mulleres que viven xuntas, que foi galardoada co XLII Premio Xerais de Novela.

Mentres compartíamos un café e uns doces propios destas datas de Nadal, comezou explicando o por que usa un seudónimo nas súas obras, para despois pasar a compartir con nós as motivacións que a levaron a escribir esta novela, na que se visibiliza a historia de amor entre Chus e Isabel, dúas mulleres da xeración da posguerra española.
Esta é unha novela de pares: dúas mulleres, dous tempos (pasado e presente), un narrador en terceira persoa e outro en primeira persoa...Chus e Isabel son parella pero, á vez, son dúas persoas contrapostas; unha leva impresa a represión da sexualidade e a outra vive máis afastada dos prexuízos alleos.
Como a mesma autora manifesta, estamos ante unha historia máis común do que a sociedade quere admitir e cremos que a súa lectura contribúe a normalizala.