Traballo presentado polo alumnado do IES Maximino Romero de Lema ó III Concurso Audiovisual ANPAS GALEGAS – SOMOS RURAL.
PONTE NAS ONDAS
O mércores 26 de marzo emitiuse un programa de radio de maneira simultánea desde nove localidades de Galicia e Portugal, realizado polo alumnado dos correspondentes centros de ensino. Unha desas localidades, acollendo aos centros da Costa da Morte, foi Vimianzo.
Dende o IES Maximino Romero de Lema participamos tamén neste programa reivindicando o patrimonio cultural do concello de Zas.
Podedes ver a nosa participación dende o minuto 17:15 ata o 36:10.
OS LIBROS DA BIBLIA
O Equipo da Biblioteca en colaboración co alumnado de Relixión da ESO elaborou dúas barallas de cartas sobre os libros da Biblia. Estes xogos están a empregalos nos tempos de lecer e están sendo de gran axuda para coñecer os libros do Antigo e do Novo Testamento.
PODCAST NO DÍA DA POESÍA
Feliz Día da Poesía!!
O MUNDO DENTRO DUN HAIKU
O Equipo da Biblioteca invitou aos seus usuarios a realizar un fotopoema: cando visen unha paisaxe, unha realidade cotiá, un obxecto que lles provocase unha especial emoción, tiñan que tirar unha fotografía e escribir un haiku no que reflectisen os sentimentos sentidos.
A proposta tivo un gran éxito -entregáronnos máis de cincuenta fotos cos respectivos poemas- e para celebrar hoxe, 20 de marzo, o Día Mundial da Poesía, realizamos unha exposición que podedes visitar en distintos puntos do instituto.
Velaquí vos deixamos imaxes da mostra coas creacións artísticas das cousas sinxelas que forman o universo de bastantes alumnos e alumnas, de profesoras e, ata dalgúns pais e nais.
Animámosvos a conmemorar este día, LENDO e GOZANDO da POESÍA!
DÍA DO CÓMIC
O Equipo da Biblioteca en colaboración co alumnanado de Poxecto Competencial de 3º ESO está a traballar ao longo deste curso a temática do cómic. Comezaron cun traballo de busca da información sobre a historia do cómic, da banda deseñada e do manga. Todos os traballos están expostos no corredor da biblioteca.
CONTOS GRINGOS
O segundo libro do club de lectura de 1º de Bacharelato foi Contos gringos de Lara Dopazo Ruibal. Os membros do Club de Lectura comentaron que foi un libro que lles sorprendeu porque se trata dun conxunto de 13 contos cun final aberto.
Dicían tamén que non estaban acostumados a este tipo de historias, pero que lles gustou poder imaxinar cada un o seu final.
Isto tamén nos permitiu intercambiar os nosos puntos de vista sobre cada conto e ver que moitas veces os nosos finais non coincidían.
EL RAP QUE DESCONECTA
O alumnado de 1º de Ciclo Medio elaborou este rap para a 13º Concurso de vídeos "Adiciones: tu punto de mira".
OBRADOIRO DE CAMISETAS POLO DÍA DA MULLER: CREATIVIDADE E IGUALDADE
Na Biblioteca conmemoramos o Día Internacional da Muller cun obradoiro no que
alumnado de 1o ESO tivo que deseñar camisetas con arte e mensaxes inspiradoras.
A encargada de desenvolver a proposta didáctica foi Eva que acompañou a rapazas e
rapaces no proceso, explicando o obxectivo do taller, diferentes técnicas de pintura téxtil para
que lle deran un toque especial á súa creación e, animándoos a personalizar a súa camiseta con
deseños creativos e únicos.
Moitas grazas a Eva pola túa dedicación e ao CIM do Concello de Zas por achegarnos
esta interesante actividade que permite visibilizar o feminino e a loita pola igualdade, á vez que
amosar a creatividade e orixinalidade dos e das participantes.
SEMANA SANTA
O Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Relixión e co alumnado de 3º da ESO quere compartir con vós esta pequena guía de puntos de interés turístico sobre os principais lugares de Galicia onde se celebra de xeito especial a Semana Santa.
Contamos con que sexa de gran axuda.
DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: MARZO
Pílula informativa mes de marzo:
Neste mes de marzo a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é a seguinte.
Mellor sabor e calidade nutricional: Os alimentos locais adoitan estar no seu punto óptimo de madureza o que se traduce nun maior sabor e calidade nutricional.