O pasado luns pola tarde reuniuse de novo o Club de Lectura de Adultos ao redor dun café con bombóns e da lectura de A Culpa de María Solar. O libro encantounos e todas nos sorprendemos co final. Ademais tamén barallamos diferentes hipóteses sobre a relación entre os personaxes.
O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS AO REDOR DE "A CULPA" DE MARÍA SOLAR
O ENTROIDO GALEGO
O Equipo da Biblioteca co alumnado de FP Básica elaborou ao longo deste mes, este mural para o Entroido.
Recompilouse información e buscáronse imaxes sobre algúns dos personaxes do Entroido galego: peliqueiros, volantes, xenerais, merdeiros, etc. Fotografiaron doces típicos destas datas, como as filloas, orellas e rosquillas.
Podedes consultar máis información sobre o Entroido a través do código QR que creamos.
UN CORAZÓN CHEO DE LECTURAS
Hoxe celebramos o día do amor, dende a Biblioteca, como estamos namorados dos libros e das historias que nos atrapan, entregamos un agasallo sorpresa ás 10 primeiras persoas que levaron un libro emprestado. O regaliño foi un portachaves en forma de corazón coa palabra “ler”. Este fermoso agasallo foi diseñado polo Equipo de Informática e feito coa impresora 3D. Desde aquí dámosvos as grazas pola vosa colaboración e creatividade.
💝💝💝
EN SAN VALENTÍN NAMÓRATE DUN LIBRO