21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Exposición de libros de poesía: A POESÍA É UNHA FOGUEIRA, QUEIMÉMONOS NELA. Celso Emilio Ferreiro




Así foi o noso encontro con Jordi Sierra i Fabra

O 26 de febreiro foi un día moi especial para a nosa comunidade educativa e a do colexio de Zas, pois tivo lugar o Encontro Literario co escritor Jordi Sierra i Fabra. Non esqueceremos facilmente a unha persoa con tanto carisma. Se os seus libros deixan pouso nos nosos alumnos, as súas palabras non deixan menos, pola súa cercanía, empatía, vitalidade e paixón polo seu traballo. Conseguiu captar a atención de todos nós, contando experiencias persoais que o marcaron de neno e, o máis salientable, dando auténticas leccións de vida que poderiamos resumir en tres frases: “Loita polos teus soños”, “cre en ti” e “lede, o que sexa, pero lede”.


ENGAIOLADORES XEOMÉTRICOS

Os profesores dos Departamentos de Matemáticas e de Física e Química desenvolveron co alumnado de 2º da ESO, un obradoiro de kirigami no que "engaiolaron" os seus versos.











30 de xaneiro. Día da paz

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ
Conmemoración no centro o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA














A cea

O club de lectura de 2º de Bacharelato estivo lendo na primeira avaliación o libro A cea, de Herman Koch. O libro resultoulles moi interesante e dou pé a un bo debate sobre o valor da vida humana.





AULA DE CÓMIC E MANGA

Xa está aberta e a vosa disposición a nova aula de Cómic e de Manga


25 N: Todos colaboramos e nos manifestamos

O alumnado estivo colaborando coa elaboración de chapas e pulseiras como mostra do rechazo da Violencia de Xénero. Hoxe participaremos nun acto conxunto na praza do Concello.