Ola, xa está a vosa disposición o novo espazo de libros COEDUCATIVOS. Botádelle un ollo, e se algún vos interesa non dubidedes en pasar pola biblioteca a facer o empréstito.
15 de outubro: Día das escritoras
15 de outubro de 2018: DÍA DAS ESCRITORAS
A
Biblioteca Nacional Española organiza este día en colaboración con
diversas entidades, “ busca reivindicar o labor e a
traxectoria das escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano
ao longo da historia”.
Así
que é o momento perfecto para recomendar unhas cantas obras escritas
por mulleres talentosas que calquera lector ávido debería zamparse
polo menos unha vez na vida.
Encontro de clubs de lectura
Actividade do noso club de lectura cos clubs de lectura IES Agra de
Raíces (Cee) e o IES Fin do Camiño (Fisterra) o 15 de maio. Nós unímonos
na ruta literaria en Malpica baseada na lectura de As aaventuras de
Pelusa, de Xelucho Abella Chouciño.
http://biblioestremonias.blogspot.com/2018/05/encontro-de-clubs-de-lectura.html



Neste enlace tedes a reportaxe audiovisual froito deste encontro...
http://biblioestremonias.blogspot.com/2018/05/encontro-de-clubs-de-lectura.html

ORLAS
Este é o segundo ano que fixemos a orla do Centro convidando a toda a Comunidade Educativa a participar. O curso pasado centrámonos na figura de Cervantes, e este ano na de Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos unha mostra dos resultados.
Alguén é capaz de atoparse aquí?
Alguén é capaz de atoparse aquí?
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
O Departamento de Matemáticas, xunto co seu alumnado colgou nun dos descansillos do Centro unha exposición de Fotografía Matemática moi interesante
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)