25 N: Todos colaboramos e nos manifestamos
O alumnado estivo colaborando coa elaboración de chapas e pulseiras como mostra do rechazo da Violencia de Xénero. Hoxe participaremos nun acto conxunto na praza do Concello.

25 NOVEMBRO
Ola, xa está a vosa disposición o novo espazo de libros COEDUCATIVOS. Botádelle un ollo, e se algún vos interesa non dubidedes en pasar pola biblioteca a facer o empréstito.
15 de outubro: Día das escritoras
15 de outubro de 2018: DÍA DAS ESCRITORAS
A
Biblioteca Nacional Española organiza este día en colaboración con
diversas entidades, “ busca reivindicar o labor e a
traxectoria das escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano
ao longo da historia”.
Así
que é o momento perfecto para recomendar unhas cantas obras escritas
por mulleres talentosas que calquera lector ávido debería zamparse
polo menos unha vez na vida.
Encontro de clubs de lectura
Actividade do noso club de lectura cos clubs de lectura IES Agra de
Raíces (Cee) e o IES Fin do Camiño (Fisterra) o 15 de maio. Nós unímonos
na ruta literaria en Malpica baseada na lectura de As aaventuras de
Pelusa, de Xelucho Abella Chouciño.
http://biblioestremonias.blogspot.com/2018/05/encontro-de-clubs-de-lectura.html

Neste enlace tedes a reportaxe audiovisual froito deste encontro...
http://biblioestremonias.blogspot.com/2018/05/encontro-de-clubs-de-lectura.html

ORLAS
Este é o segundo ano que fixemos a orla do Centro convidando a toda a Comunidade Educativa a participar. O curso pasado centrámonos na figura de Cervantes, e este ano na de Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos unha mostra dos resultados.
Alguén é capaz de atoparse aquí?
Alguén é capaz de atoparse aquí?
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
O Departamento de Matemáticas, xunto co seu alumnado colgou nun dos descansillos do Centro unha exposición de Fotografía Matemática moi interesante
ROSALÍA DE CASTRO
Adicamos todo o mes a Rosalía de Castro, e en especial o día 24 de febreiro.
Cada semana desenvolveuse unha actividade
1ª e 2ª semana: Quebracabezas colaborativo
3ª e 4ª semana: cartaz de Rosalía co poema de Xan para deixar comentarios co poema Xan
Como colofón colgaremos no centro un mosaico co Rostro de Rosalía de Castro composto de fotos de toda a comunidade educativa que quiso participar. A publicación deste traballo final vaise facer esperar un pouco

PAZ
Ursula K. Le Guin
Hoxe lle facemos unha pequena homenaxe a esta grande muller, creadora de mundos de ciencia fición e de numerososo "best sellers" (Berkeley, California, 1929 - 22 de Xaneiro 2018)
https://es.wikipedia.org/wiki/Ursula_K._Le_Guin
ESCHER
Maurits Cornelis Escher (Leeuwarden, Países Baixos, 17 de xuño de
1898-Hilversum, Países Baixos, 27 de marzo de 1972), foi un artista
neerlandés coñecido polos seus gravados xilográficos, os seus gravados
ao mezzotinto e os seus debuxos, que consisten en figuras imposibles,
teselados e mundos imaxinarios.
A súa obra experimenta con diversos métodos de representar (en debuxos de 2 ou 3 dimensións) espazos paradoxais que desafían aos modos habituais de representación.
Así traballaron os alumnos de 2º da ESO coa profesora de Matemáticas

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)