A biblioteca segue coa celebración do 50 aniversario do falecemento de Pablo Picasso; nesta ocasión coa lectura de dous álbums ilustrado en distintas titorías: Pablo Picasso en 1º e 2º ESO; Guernica en 3º e 4º ESO.
Ademais dende mediados de abril nunha das mesas da biblioteca había un crebacabezas que representa o emblemático cadro de Guernica e quen quixese podía encaixar a súa peza. E así entre moitos e moitas rematámolo e xa loce nunha das paredes da nosa biblioteca.
Lectura e crebacabezas, un xeito moi orixinal de reivindicar o legado artístico dun dos nosos pintores de maior proxección.