IMAXES PARA LER, LER PARA IMAXINAR 23 DE ABRIL


Nesta situación de confinamento emprendemos unha nova aventura, unha viaxe que nos vai deixar sen palabras a través do inconquitable mundo dos libros.






Emprendamos xunt@s esta viaxe e dusfrutemos de todo o seu percorrido

Feliz día do libro

TODO O DÍA NA CASIÑA. DÍA DO LIBRO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove hoxe, 23 de abril, o video "Todo o día na casiña", un video fascinante que nos traslada ao mundo das letras. Non podes deixar de miralo!!!



FELIZ DÍA DO LIBRO 2020

IMAXES PARA LER, LER PARA IMAXINAR

O 23 de abril celebramos o Día do Librocon motivo desta celebración desde a Biblioteca e desde o Club de Lectura organizamos un concurso de fotos artísticas e orixinais. Para participar só tedes que enviar unha fotografía vosa lendo un libro (en galego) en calquera lugar do voso confinamento. 
Tedes ata o luns 20 de abril, como data límite para facer as vosas achegas. 

As fotografías serán valoradas e a máis orixinal das enviadas terá premio. Aquí vos deixo unha proposta.


ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

Préstamos online


Desde a Biblioteca queremos informarvos que, debido a esta situación especial de confinamento que estamos a vivir polo COVID-19, está a vosa disposición a plataforma da Xunta de Galicia GaliciaLe: https:www.galiciale.gal, á que podedes acceder e solicitar préstamos online.

Disfrutade da lectura, especialmente neste mes de abril, mes do libro.

Moito ánimo pequen@s grandes lector@s