AS MULLERES GALEGAS NO DEPORTE

 

Na Biblioteca seguimos reivindicando a igualdade de xénero no mes de abril: nesta ocasión coa exposición fotográfica Mulleres Deportistas Galegas cedida por MUDEGA (Asociación de Mulleres Deportistas Galegas) que está exposta na entrada do Centro para que todos e todas poidan visitala.

Unha mostra de imaxes que ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas fan para avanzar en igualdade entre mulleres e homes, para eliminar estereotipos e discriminacións que aínda persisten na sociedade, en especial neste eido do deporte.

O Equipo da Biblioteca é o encargado de explicar a mostra ao alumnado que está baixando a vela. Observamos que non coñece apenas estas figuras femininas destacadas no mundo do deporte galego; porén cando se lles nomea a homes deportistas si saben quen son en maior número. Por iso é importante visibilizalas, proporcionarlles ás alumnas referentes femininos que as animen a practicar o deporte que lles guste.

Támara Echegoyen, Ángeles Barreiro, Susana Rodríguez, Irene Blanco son algunhas das protagonistas que aparecen nas imaxes practicando o deporte no cal destacan. Na mostra están representados un gran número de deportes e deportistas.