Hora de ler

        📣 O próximo luns 2 de outubro comezamos coa Hora de ler. Este será o calendario que se seguirá ao longo do curso:

      
🕑📖 Lembrade ter con vós a lectura que prefirades para a primeira sesión da xornada! 

YOLANDA CASTAÑO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2023

        A escritora Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) é a gañadora do Premio Nacional de Poesía 2023. O Ministerio de Cultura premiou a Castaño pola súa obra Materia, que xira arredor dos temas da materninade, a familia e os costumes, e que foi cualificada polo xurado como “directa, radical e feminista”.

        Nas súas primeiras declaracións tralo fallo do premio, afirmou: “non creo que poida aspirar a nada máis. Foi un soño poder logralo”. Ademais salientou:“escribo na miña propia lingua e camiño coa cabeza ben alta escribindo en galego. Non a creo nin defectiva, nin subsidiaria nin menor que outras.”

        Outras obras destacadas desta autora son: Elevar as pálpebras, Vivimos no ciclo das Erofanías, Profundidade de campo e A segunda lingua.



POR QUE NON ME LES?

🕮 A Biblioteca do IES xa conta cun novo punto de lectura informal (PIL) que está á vosa disposición na entrada de conserxería. 

Esperamos que vos guste!








O Club de Lectura Baiolendo xa está de volta

O Club de Lectura Baiolendo xa está de volta e quere contar contigo. Gustaríanos que te animases a formar parte deste gran Club. Anímate e pásate pola Biblioteca do Instituto a anotarte antes do 29 de setembro de 2023.

Estamos a agardar por ti!