FELIZ SAMAÍN! Concurso de cabazas con temática animal


    O pasado martes 31 de outubro o Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Inglés, celebrou o concurso de cabazas de Samaín con temática animal. Foron moitas as ideas orixinais que se viron nas creacións das cabazas por parte dos participantes, mais só se concedían dous premios.
 Estes foron para a cabaza máis grande (“Scary Cat” de Hadrián Otero Nieto e Andrea Pastoriza Lema, de 2º BACH) e para a cabaza máis pequena de todas (“Black Bat” de Daniela Vázquez Vázquez, de 1ºESO). Os regalos sorpresa personalizados foron todo un éxito, así que esperamos aínda máis participación nos próximos concursos!


Felicidades a tod@s polo voso gran traballo!

"Scary cat"

"Black Bat"


 



SAMAÍN 2023

    Aquí estamos un ano máis celebrando o tan esperado Samaín  protonizado por cabazas, pantasmas, morcegos... 

    Contamos cunha gran selección de libros e películas con temática de medo e terror  a disposición de toda a Comunidade Educativa. 

    Como somos grandes defensores do Plantea, este curso contamos cun Aparcadoiro de Vasoiras terroríficas, e como non, cun concurso das mesmas para ver cal ía ser a máis terrorífica.

 



APARCADOIRO DE VASOIRAS 💀💀💀

 

    💀💀💀Hoxe, cando cheguedes, podedes deixar as vosas vasoiras no Aparcadoiro habilitado no Centro para a ocasión. 

Dádevos présa porque as prazas son limitadas e, moito coidado, porque hai alguén por aí que se está adicando a varrer libros, e igual tamén vos varre a vós. 💀💀💀





NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

O Equipo da Biblioteca en colaboración co Club de Ciencia Baiociencia inaugura o Mes da Ciencia cunha merenda da biblioteca,que nos serviu para unha primeira toma de contacto e para coñecernos tod@s @s membr@ deste Club de Ciencia. Ao mesmo tempo que degustabamos uns pinchos, falabamos dos novos proxectos científicos a realizar durante este curso.










INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA BAIOLENDO DO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA


    Onte venres inauguramos, un ano máis, o Club de Lectura Baiolendo do IES Maximino Romero de Lema cunha pequena festa na que nos reunimos todos os grupos que o conformamos e así crear vínculos entre todos os membros.

    Nun tempo en que os expertos alertan dos riscos da dixitalización excesiva da nosa sociedade e da educación, nada mellor que a lectura en papel para mellorar non só en hábitos lectores, senón para fortalecer a necesaria comprensión para entender o mundo no que estamos.

    A lectura permítenos, ademais, coñecer a creadoras e autores así como os universos literarios que nos regalan. Con iso, durante este curso compartiremos reflexións, aventuras e vivencias.

    Nesta xuntanza todos os grupos, dende o de 1º ESO, o de 2º e o de 3º ata o dos maiores -constituído este por alumnado de Bach, Ciclo e 4º ESO- coñeceron a súa coordinadora e recolleron cadanseu primeiro libro. (Lembremos que o Club de Lectura de Adultos xa foi inaugurado a principios de mes.)

    Unha festa literaria que incluíu uns pinchos e que rematou coa ilusión da primeira reunión sobre a lectura compartida.
















VOLUNTARI@S DA BIBLIOTECA



Desde este venres e como colofón da Semana das Bibliotecas Escolares xa contamos, oficialmente e un ano máis, cun grupo de voluntarios e voluntarias na Biblioteca.

Grazas a eles e a elas, o noso labor faise máis levadeiro e conseguimos atender mellor as vosas necesidades.

Grazas pola vosa colaboración e entrega desinteresada. 

A LIBRERÍA ITINERANTE

 

Na nosa biblioteca foron varias as actividades que se levaron a cabo ao longo da semana para celebrar o Día da Biblioteca Escolar ; entre elas queremos sinalar a visita dunha librería itinerante que encheu a entrada do noso Centro de exemplares infantís, xuvenís e de adultos de xéneros e temáticas variados, xunto con xogos educativos para todas as idades.

    Esta é unha iniciativa máis para achegar os libros, a literatura e a cultura a toda a Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema. Contou coa animada presenza de numerosas persoas interesadas na lectura que se detiñan a curiosear e a mercar algún exemplar. Unha maneira suxestiva e divertida de reforzar o interese pola lectura.











LIBROS EN INGÉS!!!

Ola a tod@s!

 


O Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Inglés pon á vosa disposición unha colección de libros en inglés, sobre todo de banda deseñada. Estes 24 libros forman parte do proxecto “Bookworms”, no que por cada libro que se devolva, obtense un cupón para recibir un agasallo sorpresa por parte do Departamento de Inglés se o alumnado fai un pequeno resumo da historia que leu e dá a súa opinión sobre o libro que escolleu. 

 

Os libros teñen un adhesivo de cor no seu canto co sistema do semáforo para diferenciar o nivel ó que están indicados: 

  • Verde: 1º e 2ºESO 
  • Amarelo:  3º e 4ºESO 
  • Vermello:  BAC.
Boa lectura!



 

A DAMA DA NOVELA NEGRA GALEGA VISITA AO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO

O home que matou a Antía Morgade

Despois do encontro co Club de Lectura de Adultos, a quenda foi para o alumnado de 1º Bacharelato co que a autora falou de xeito máis extenso do seu proceso da escrita en xeral, e en particular daqueles aspectos da súa última publicación que quixo resaltar ou aqueles aos que o alumnado lle facía referencia a través das súas preguntas.

Comentou que neste libro quixo centrarse na culpa, en como afrontar a perda dun ser querido; tamén quería tratar o tema do abuso, do medo a denunciar por mor do xuízo social ao que se somete ás vítimas. Destacou que nesta novela o importante non é quen é o asasino, senón como todos os personaxes principais viven o medo a posibilidade de ser as súas próximas vítimas.

A novelista confesou que empezou a escribir por afección -por suposto sempre foi unha amante da lectura- e que acadou un espazo no que é totalmente libre a base de abandonar outras responsabilidades. Sinalou que o seu obxectivo como escritora é que gocemos coa lectura, que empaticemos co que lles ocorre aos personaxes.

Ao entrar no salón onde a esperaba a rapazada soou a Canción de vida y muerte de Iván Ferreiro, coa que se emocionou pois está entre as súas preferidas e cuxa temática se relaciona co libro.

Finalmente o acto rematou agradecendo de novo a súa presenza e coa sinatura de exemplares por parte do público.