Hoxe cúmprese o 136 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e no noso centro conmemoramos esta data cunha exposición das súas obras máis célebres.
1º da ESO e A Señorita Bubble ,
Comezamos o novo ano coa lectura de A Señorita Bubble de Ledicia Costas. Cando se repartiron os libros a coordinadora asignoulles aos membros do Club de Lectura candaseu personaxe e pediulles que lesen o libro identificándose con el. a experiencia foi enriquecedora, pois cadaquén ía comentando o libro desde o punto de vista do personaxe que lles tocara, aínda que non sempre se identificase con el. As reunións foron moi participativas e enriquecedoras polas distintas opinións vertidas. Como actividade complementaria, acordamos en facer unha "réplica"do gato Nefertiti, porque desde o principio nos encadilou, e ademais, recreamos o personaxe da Señorina Bubble, como podedes observar na fotografía.
Foi este un libro que os entusiasmou tanto, que rogaron ler a segunda parte, e por suposto, así o fixemos.
PULSEIRAS DO DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro é o Día da Paz, e no noso instituto celebrámolo hoxe. Dende a Biblioteca entregamos a toda a comunidade educativa unha pulseira blanca para conmemorar esta data.
30 DE XANEIRO: MURAL DO DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro é o Día da Paz e no noso centro celebrámolo este venres.
Dende a Biblioteca, para conmemorar esta data, o alumnado voluntario estivo elaborando ao longo deste mes, un mural no que se poden ver algúns dos gañador@s máis recentes dos premios Nobel da Paz. Ademais, a través dos códigos QR impresos no mural, poden acceder a información relevante de cada un deles. Por outra banda, nas outras pezas de puzle que compoñen o mural, aparecen escritas a palabra paz en diferentes idiomas.
Foi un gran traballo!
VOLUNTARIOS TRABALLANDO NO MURAL DO DÍA DA PAZ
O alumnado voluntario da nosa Biblioteca está a piques de rematar o mural do Día da Paz que vos ensinaremos o vindeiro venres.
COMEZAMOS O MURAL DO DÍA DA PAZ
Esta semana os voluntari@s da nosa Biblioteca e algunhas alumnas de segundo da ESO comezaron a traballar no mural do Día da Paz 😀😀😀
Cando estea rematado amosarémosvos o resultado 😊😊😊
FÍO MUSICAL XANEIRO
XANEIRO
Entrada da
mañá: Terra, de Tanxugueiras
1º recreo: Pasodoble das
costureiras, de Xabier Díaz
2º recreo: Sementeira, de
Fuxan os Ventos
Entrada da
tarde: Miña
terra galega, de Siniestro Total