LIBROS LIDOS POLO CLUB DE LECTURA BAIOLENDO DURANTE O CURSO 2022/23

 Presentámosvos o vídeo constituído por fotografías que recollen a esencia dos libros lidos no Club de Lectura Baiolendo durante este curso académico. 

BAIOLENDO DESPIDE O 3º TRIMESTRE

 

Rematamos o curso coas seguintes lecturas: 1º ESO divertiuse moito lendo, recitando e elaborando uns murais para a foto artística de Unha nova dimensión de Anxo Iglesias, premio Merlín 2022.

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/06/o-club-de-lectura-de-1-eso-recrea-unha.html

2º ESO leu Pablo e as pombas de Marcos Calveiro, libro do que fixeron un roteiro literario pola Coruña para coñecer os espazos nos que viviu durante 4 anos o neno Pablo Picasso.

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/04/as-as-pegadas-de-picasso-na-coruna.html,

O club de lectura formado por alumnos de 3ºESO, 4ºESO e 2ºFPB leron Cicuta para dous de Rocio Leira e asistiron ao encontro literario coa autora.

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/04/filosofia-intriga-e-retranca-en-cicuta.html

O club de lectura de Bacharelato finalizou este curso coa novela negra O home que matou a Antía Morgade de Arantza Portabales; o club de lectura de 1º FPB leu de José Luís Baños de Cos, A cámara escura e de francés rematou o libro de poesías C´est mieux quand ça rime! de Marie Pimont que viñan lendo ao longo do curso.

Os adultos despedíronse con Flores de ferro de María Rei Vilas coa que tiveron a oportunidade de compartir impresións arredor de lecturas así como coñecer moitos detalles da trama que non se contan no libro e que foron desvelados por ella.

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/04/o-club-de-lectura-de-adultos-goza-coa.html

Velaquí vos deixamos as fotos artísticas realizadas nestes últimos meses.









BAIOLENDO DESPIDE O CURSO CUNHA MERENDA

     Chegou o último día de clase deste curso e con el o Club de Lectura Baiolendo despídese ata o próximo curso cunha merenda onde compartimos comida, experiencias, alegrías, despedidas e moitas ganas de continuar o próximo curso.








O CLUB DE LECTURA DE 1º ESO RECREA UNHA NOVA DIMENSIÓN

 

    O alumnado do Club de Lectura 1º ESO realizou os carteis da foto artística do libro Unha nova dimensión Anxo Iglesias.







RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DE VERÁN


BAIOLENDO NA XV XORNADA DE CLUBS DE LECTURA









    O Club de Lectura Baiolendo participou a través da súa coordinadora, Mª Trinidad López na Mesa experiencias: O teatro nos club de lectura. Desenvolveu ao longo do seu relatorio, primeiro as actividades relacionadas directamente co teatro levadas a cabo no noso club e despois presentou outras indirectamente vinculadas ao xénero dramático que visibilizou a lectura realizada polo membros do noso club ante os e as representantes doutros clubs

    Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora; un orgullo para o noso Centro amosarse como punto de referencia e guía para os Clubs de Lectura Escolares de Galicia.