Estudo estatístico de apelidos na Zona








O Departamento de Matemáticas está moi activo este curso. Agora traballa cos datos estatísticos relacionados cos apelidos máis frecuentes na zona... Así dá gusto aprender estatística!






Un loto na neve


O CLUB DE LECTURA DE 4º E 3º DA ESO,
Dous máis sete”, queremos recomendarvos

UN LOTO NA NEVE

Neste primeiro trimestre, lemos Un loto na neve de Gonzalo Moure; tras unha posta en común decidimos recomendar este libro para rapaces e rapazas dos nosos anos.

Destacamos:
  • A orixinalidade do argumento: É un libro moi distinto a unha lectura convencional porque se alonxa do que estamos afeitos. Lévanos a lugares lonxanos a partir da afección do protagonista polo montañismo.
    Tamén nos achega a outras culturas, como a dos Khampa situándonos no Tíbet e amósanos como influíu neles a revolución chinesa.
  • O libro aportounos:
      Coñecementos para a vida: sobrevivir en condicións moi precarias; a orientarnos na vida; coñecementos de montañismo; e sobre todo compañeirismo e valentía.
      O orgullo de ter a nosa cultura e manter as nosas ideas por enriba de todo.

Esperamos de todo corazón que vos guste a lectura e que vos leve ás vosas apaixoantes viaxes literarias.

Recomendacións de Nadal




Ola!
Coma tódolos anos aquí vos deixamos unha pequena recomendación de Nadal que pensamos que pode ser do voso interese.







BO NADAL E MELLOR ANO 2018


25 de novembro


 O pasado 25 de novembro toda a Comunidade educativa se reuníu para conmemorar o día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.
Ao longo do mes de novembro fóronse facendo diversas actividades co gallo de concienciarnos. Fixemos chapas, microrrelatos, un pequeno manifesto e varias exposicións.










 Neste enlace podedes ver e escoitar o manifesto. É un pequeno video elaborado polo Concello:
https://www.facebook.com/concellozas/videos/1756304981060013/

O IES RECOMENDA

O inferno de Marta
Por Pascual Alapont

Cando tiven este libro nas mans, o primeiro que fixen foi fixarme ben na portada para imaxinar (antes incluso de saber do que trataba o libro) o que me suxería. Concentreime na ollada da moza, parecía perdida, e semellaba pedir axuda. Logo fixeime na atmosfera que a rodeaba. Todo estaba escuro ao seu redor.
Ao ler a reseña, recordo exactamente o que pensei: aquelo era un deses típicos libros que intentaban ensinar á xente nova como contrarrestar a violencia de xénero. É estaba no certo, pero en verdade, o libro era moito máis ca iso.
Marta era unha moza duns 20 anos, que comezaba a mergullarse no que significa a madurez e o chegar a ser adulto. Marta estudaba dereito e vivía con dúas amigas preto da facultade. Sen embargo, non estaba a pasar un bo momento sentimental, xa que acababa de rematar unha relación.
De súpeto, apareceu na súa vida un rapaz que semellaba coñecela e comprendela. Pouco a pouco, e sen darse conta, o mozo foise metendo en todos os ámbitos da vida de Marta, pese a que ela non estaba aínda preparada para ter outra relación. El perseguíaa, quería coñecer todo o que facía a cada instante, as súas amizades, e ela deixábase levar por esa atención desmesurada.
Logo dun tempo xuntos, o rapaz foina separando dos seus familiares e amigos, de xeito que a rapaza estaba cada vez máis indefensa ante as, xa rutineiras agresións psicolóxicas e físicas.
O final do libro, non volo vou a contar, xa que espero que o leades e que descubrades o sorprendente desenlace.

Despois de que a ficción rematase, o libro tamén inclúe A Máscara do amor, por Vicente Garrido. Neste fragmento final do libro, danse unha serie de indicacións que todas as mozas deberían ter presentes para non sufrir episodios deste tipo, ou cando menos, saber saír deles da mellor forma posible.
Pareceume moi interesante o feito de que tamén se lle deran unhas indicacións aos mozos sobre como deben e non deben tratar ás súas mozas, xa que temas como o da violencia de xénero deben ser abordados en profundidade nas aulas, nas casas e na sociedade en xeral.

En conclusión: este libro gustoume moito, pola realidade que nos ensina a nivel persoal e social. Invito a que o leades e reflexionedes, de xeito que ningunha muller viva nunca un Inferno de Marta.

Noa Lema Rial
3º da ESO

Exilio e Deportación. De Monterrei e Boborás aos campos nazis






Esta exposición é parte da homenaxe que a asociación cultural "Monterrei, cultura e territorio" lle tributou ao veciño de Estevesiños (Monterrei), Joaquín Balboa, preso no campo de Mauthausen durante a II Guerra Mundial. O autor dela é o profesor de Historia Heladio Anxo Fernández Manso.