21 de febreiro. DÍA DA LINGUA MATERNA



Sabías que...?


  • No ano 1999 a UNESCO aprobou a iniciativa de Bangladesh que o día 21 de febreiro se declarase Día Internacional da Lingua Materna, para celebrar a riqueza que supón a diversidadelingüística do planeta?
Desde o ano 2000 así se vén celebrando; promovendo a transmisión xeneracional dos idiomas locais, a pluralidade lingüística e cultural da humanidadae








24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta máis internacional. Con este motivo, o alumnado de FP Básica I gravou un video recitando algúns poemas da autora.



30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ 2020

A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema celebrou o Día da Paz coa lectura de álbums ilustrados sobre esta temática. Velaquí tendes a alumnas dos clubs de lectura de 1º e 2º da ESO lendo a todo o alumnado do centro.

Que mellor lembranza deste día que a imaxe dunha nena lendo un libro!