BOOKTRAILER de "O QUE SEI DO SILENCIO" de Andrea Maceiras

Os alumnos do club de lectura de 3º da ESO, BAIOLENDO, elaboraron o booktrailer sobre o libro "O que sei do silencio" de Andrea Maceiras





II MES DO LIBRO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes o vídeo-resumo de como foi o noso mes do libro. Esperamos que vos guste.

II MES DO LIBRO: ENCONTRO CON EVA MEJUTO


II MES DO LIBRO


O luns 29 de abril o alumnado de 3º da ESO e de FP Básica I asistiu na Biblioteca a un encontro literario coa escritora Eva Mejuto. Durante case dúas horas a escritora falou do libro 22 segundos, “unha proposta pioneira para falar aos xóvenes da transexualidade e da necesidade de visibilizar esta elección como unha tan válida e socialmente aceptada como calquera outra”.
O alumnado comentoulle entusiasmado e preguntoulle con moito interese á autora dúbidas e curiosidades sobre esta obra lida na clase. A conversa mantida entre a autora e o alumnado resultou moi amena, frutífera e enriquecedora.





II MES DO LIBRO: ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS


II MES DO LIBRO
O martes 23 de abril, día do libro, o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiu na Biblioteca a un encontro literario coa autora Andrea Maceiras. Neste encontro e tras a presentación dun vídeo elaborado polo alumnado do Club de Lectura de 3º da ESO sobre o libro O que sei do silencio, e a lectura do conto 9 ( inédito ), De cando fun serea, Leaena Hiems por parte de Andrea; comezou un diálogo entre o alumnado e a autora que versou sobre a temática do acoso escolar e os distintos roles adquiridos polas personaxes que aparecen na trama no libro.








II MES DO LIBRO: ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ


II MES DO LIBRO
O venres 12 de abril o alumnado de 1º da ESO asistiu na Biblioteca a un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. Durante unha hora comentaron e preguntáronlle a autora dúbidas e curiosidades sobre o libro O misterio de Portomarín, obra literaria lida na clase. Este alumnado, xunto coa súa profesora de Lingua Galega fixeron varios “libros-cómics” sobre dita obra, agasallando cun exemplar a Antía.






Este mesmo día o alumnado de 1º de Bacharelato tamén tivo un encontro con esta mesma autora, tratando nesta ocasión a temática do libro Senlleiras.








ENCONTRO CON MONTSE FAJARDO


II MES DO LIBRO
O mércores 10 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á charla “A represión sobre as mulleres tras o Golpe de Estado do 36”, impartida por Montse Fajardo. Esta periodista e escritora de libros como Matriarcas, Un cesto de mazás e Invisibles, lembrou as consecuencias da Guerra Civil española.
A conferencia repasou as distintas tipoloxías de represión contra as mulleres, sempre as grandes esquecidas. Con exemplos, fotografías e historias duras, puxo nome e apelidos a moitas mulleres galegas que foron duramente represaliadas durante o Franquismo.





Reprodúcense algunhas das opinións do alumnado asistente:
- “Pareceume unha charla moi interesente, que nos fixo abrir os ollos cara unha realidade onde non só os homes foron vítimas da represión fascista, senón que tamén o foron as mulleres que quedaron, en gran parte, esquecidas de selo. Fíxome conecatr con todos os casos de mulleres que sufriron, de algún modo, esas humillacións, torturas e unha durísima violencia sexista”.
- “(…) nunca nos paramos a ver, xa que sempre nos centramos nos mortos da guerra e non nas mulleres que padeceron unha brutal represión”.
- “(…) á parte de informativa e ilustrativa, con moitos exemplos de mulleres torturadas que merecen que recordemos os seus nomes”.
- “Gústoume moito a charla, o único que non me gustou é que podería buscar algún exemplo cercano a nós, pero entendo que se centrase na súa zona e non vai buscar un exemplo a cada lugar que vaia.
Ademais, conmovéronme as historias de amor dos homes que se entregaban para que a súa familia deixara de sufrir”.
- Abrumadora. Todos deberían de ter á oportunidade de coñecer esta realidade tan reprimida e olvidada. Volvería a vivir esta charla sen pensalo”.
- “(…) conta unha das partes máis ocultas do Franquismo. A represión contra as mulleres foi un dos feitos máis duros e tamén dos máis silenciados (…).
- “Estremecedor, vin o Franquismo dende unha óptica feminina. Montse Fajardo amosoume a durísima realidade que sufriron as nosas antepasadas e ademais deulles voz a esas mulleres...”
(…) paréceme positivo que se recupere a memoria destes feitos para poder comprender mellor a difícil vida naqueles anos da Guerra Civil, posguerra e diatdura franquista”.
(…) entre outras cousas impactoume moito a historia das Marías de Compostela, dúas mulleres que se atopan na Alameda, que levo toda a vida véndoas alí e ata onte non souben a verdadeira historia que había detrás delas”.
(…) la charla entre otras cosas me ha hecho ver que es un asunto de urgencia reconocer a todas esas personas y sus familiares, dignificarlas y a lo mejor poner el 18 de julio como el Día de las víctimas del franquismo”.
Persoalmente gustoume moito esta charla porque nos ofreceu información e historias moi interesantes, aínda que tristes e cheas de violencia, dunha época que marcou a vida de moitas persoas”.

A charla pareceume moi interesante e aportoume outro punto de vista que non se nos soe contar e que tampouco aparece nos libros de texto. Ao mesmo tempo creoume una impotencia ao ver todo o que tiveron que pasar as mulleres galegas durante esta etapa da historia”.

OBRADOIRO DE MICRORRELATOS CON FERNANDO DÍAZ CASTROVERDE


II MES DO LIBRO
O xoves 4 de abril o alumnado de 2º de ESO e 1º de BACHARELATO (que cursa a materia de Literatura Universal), asistiu na Biblioteca ao “Obradoiro de Microrrelatos” impartido polo escritor e profesor de Lingua Galega Fernando Díaz Castroverde. Durante dúas horas o alumnado mergullouse no mundo da escrita, escribindo e lendo relatos breves, precisos e intensos.













LEVA UN LIBRO, COLLE UN BOMBÓN

Durante todo o mes de abril, todos aqueles que levedes un libro en empréstito poderedes levar tamén un bombón. Desexamos que teñades unha doce lectura.