CLAUSURA DA BIBLIOTECA

A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema convídavos á clausura deste curso 2018/2019 botándolle unha ollada á exposición que colocamos na entrada do centro. Nela podedes buscar as vosas facianas percorrendo o retrato do escritor Agustín Fernández Paz.






Tamén tedes un resumo fotográfico de como foi o Roteiro Literario do Club de Lectura e de como vivimos "Ao son da lectura".

























E como non pode ser menos, desexámosvos un moi bo verán na compañía dun bo libro.











ROTEIRO LITERARIO CLUB DE LECTURA


O luns 27 de Maio o Club de Lectura do noso centro, Baiolendo, tivo un encontro cos clubs de lectura do IES Fin do Camiño (Fisterra) e do CPI de Zas. Fixemos un roteiro literario baseado na lectura de Volverás Golfiño de Andrea Maceiras, Rosaura e o mar de Luz Beloso e o álbum ilustrado Man de Camelle de Carme Hermo.
Ás once da mañá tivemos o punto de encontro dos clubs de lectura en Camelle, onde fixemos unha visita guiada ao Museo e á casa de Man de Camelle.
A continuación dirixímonos cara ao Cemiterio dos Ingleses, a Praia do Trece e o faro de Cabo Vilán. Compartimos un xantar na praia O Ariño (Xaviña) e dende alí visitamos o pobo de Santa Mariña, no que fixemos unha andaina gozando da fermosa paisaxe e achegándonos á vida mariñeira.



E este é o video do club de lectura: AO SON DA LECTURA, que resume a andaina literaria do club BAIOLENDO ao longo de todo este curso 2018/19.


Premio literario da Agrupación Cultural O Facho


PARABÉNS YAGO!!!





O alumno de 1º da ESO YAGO REGUEIRA BUGALLO vén de gañar o Premio Literario convocado pola Agrupación Cultural O Facho da Coruña, co relato “A loita pola felicidade”. O premio consistiu nunha cantidade en metálico e unha biblioteca doada polas editoriais: Laiovento, Sotelo Blanco, Xerais, Galaxia, Baía e Toxosoutos.

ILUSIÓNS ÓPTICAS E FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de Matemáticas amosounos unha nova visión do mundo a través da fotografía xogando coas ilusións ópticas.





























BOOKTRAILER de "O QUE SEI DO SILENCIO" de Andrea Maceiras

Os alumnos do club de lectura de 3º da ESO, BAIOLENDO, elaboraron o booktrailer sobre o libro "O que sei do silencio" de Andrea Maceiras





II MES DO LIBRO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes o vídeo-resumo de como foi o noso mes do libro. Esperamos que vos guste.

II MES DO LIBRO: ENCONTRO CON EVA MEJUTO


II MES DO LIBRO


O luns 29 de abril o alumnado de 3º da ESO e de FP Básica I asistiu na Biblioteca a un encontro literario coa escritora Eva Mejuto. Durante case dúas horas a escritora falou do libro 22 segundos, “unha proposta pioneira para falar aos xóvenes da transexualidade e da necesidade de visibilizar esta elección como unha tan válida e socialmente aceptada como calquera outra”.
O alumnado comentoulle entusiasmado e preguntoulle con moito interese á autora dúbidas e curiosidades sobre esta obra lida na clase. A conversa mantida entre a autora e o alumnado resultou moi amena, frutífera e enriquecedora.