Kazuo Ishiguro

PREMIO NOBEL DE LITERATURA

O británico Kazuo Ishiguro, de 62 anos, foi galardoado o xoves 5 de outubro co Premio Nobel de Literatura 2017. A Academia Sueca recoñeceu que “en sus novelas de gran fuerza emocional ha descubierto el abismo bajo nuestro ilusorio sentido de conexión con el mundo”. Aínda que naceu en Xapón en 1954, Ishiguro trasladouse xunto a súa familia aos cinco anos ao Reino Unido, donde residiu a meirande parte da súa vida. A súa obra máis célebre é Lo que queda del día (1989), unha novela cuxa adaptación cinematográfica (1993) está dirixida por James Ivory e protagonizada por Anthony Hopkins, no papel do mordomo Stevens. Outros dos seus libros son Pálida luz de las colinas (1982), Los inconsolables (1995), ou Cuando fuimos huérfanos (2000). En Nunca me abandones (2005), tamén levada á gran pantalla, presenta unha distopía e introduce na súa obra a ciencia ficción. A súa última novela é El gigante enterrado (2015), na que explora como se relacionan a memoria co olvido, a historia co presente e a fantasía coa realidade. O británico escribiu oito libros en total, aínda que tamén é autor de guións de cine e televisión. Segundo explica a Academia sueca, os temas máis presentes na súa literatura son a memoria, o tempo e a auto-ilusión. Ao longo da súa carreira, tamén recibiu otros importantes recoñecementos como o Premio Booker ou o Premio Whitbread. Ishiguro sucede ao compositor, cantante e poeta estadounidense Bob Dylan, o gañador do ano pasado e o primeiro personaxe do mundo da música en ser galardoado. O recoñecemento, que sorprendeu ao mundo da literatura, foi por “haber creado una nueva expresión poética dentro de la gran tradición de la canción americana”.

Premios literarios

Este é o noso taboeiro onde imos ir colgando os premios literarios que se van dando ao longo do curso


Samaín





Este ano, coma tódolos anos, celebramos toda a Comunidade Educativa o Samaín con actividades diversas: exposición de libros, magosto... e a presenza de Brais das hortas e os seus contos de defuntos.
Esta é unha pequeniña mostra do que fixemos




O LIBRO DO MES

Cada mes vos presentaremos un libro que nos gustou
http://www.culturagalega.org/bd/documentos/historia_da_lingua.pdf

O IES recomenda

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS: 

“O Principiño” (Antoine de Saint- Exupéry)

A primeira vez que o lin, non me gustou nada.
Eu tería nove ou dez anos e xa ouvira en moitas ocasións que “O Principiño” era unha marabilla. Dicíano os meus profesores, de feito, cando se falaba de libros non había vez que non preguntaran se o léramos. Algúns compañeiros levantaban a man e conversaban cos mestres sobre “O Principiño”. Coido que eu tamén me incluía na lista dos lectores de Saint-Exupéry (sen ter visto a portada na miña vida) e daba o pego debido ós debates rutineiros sobre o condenado libro. Un día, atopeino na biblioteca e empresteino sen dubidar. Era hora de descubrir aquela historia.
Quizais foi a xenreira cara o libro, pero o certo é que seguía sen entender que lle vían. Hoxe creo saber cal foi o motivo: a infancia era moi recente e por iso, aínda non a estrañaba. Desexaba ser maior e non comprendía por que aquel personaxe quería ser neno.
A segunda vez que me atopei co Principiño estaba en Secundaria e foi nunha película. Eu non tiña reparos en dicirlle a quen me preguntase que o libro non me entusiasmara demasiado. Non obstante, dinlle unha oportunidade porque houbérame gustado que aqueles mestres tiveran razón ou, polo menos, xustificación. A verdade, encantoume. O filme era unha adaptación, mesturaba o libro coa historia dunha rapaza real. A min resultoume un manual para entender “O Principiño”, como se me deran nas mans o mapa para atopar un tesouro.

Ese mesmo curso, tiven un exame obrigatorio de “O Principiño”. Nesta terceira lectura, converteuse nun dos meus libros favoritos. De nove a catorce anos só van cinco, pero nese tempo pasaran moitas cousas que me ensinaran como era a xente e a vida (e o que queda!). “O Principiño” faiche estrañar un tempo que no seu momento resultaba complicado e agora pensas que era tan sinxelo... Por sorte, aínda falta para entrar no mundo adulto (mais o tempo vai lixeiro). Este libro fai que valore o que vivo nesta época porque os problemas de agora non terán ningunha importancia cando sexa adulta e entón decatareime do fácil que era, do fácil que é.


Tráiler do filme premendo neste enlace.
Teresa Cousillas Lema, 3º ESO           

Formación de usuarios

O pasado 9 de novembro o alumnado de 1º da ESO aprendeu a desenvolverse na biblioteca: agora saben como buscar libros, música e películas nos seus estantes correspondentes.



Exposición Historia do Libro

Dende a Biblioteca queremos informarvos que no corredor da entrada  e durante todo o mes de outubro, haberá unha exposición sobre a Historia do Libro, feita polo alumnado do IES Fernando Esquío de Neda e por un grupo de alumnos franceses de intercambio (de aí que a información estea en castelán).


Para calquera consulta ou búsqueda de actividades sobre a exposición podedes acceder aos seguintes enlaces: