CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DE NADAL

 O alumnado que cursa a materia de relixión en 2º de Bacharelato promove no Centro, durante o mes de decembro, a campaña de Recollida de Alimentos en colaboración con Cáritas da Costa da Morte, quen xestionará o reparto dos alimentos recollidos.

Na entrada do Instituto hai unha caixa onde se poden depositar os alimentos.

Animámolos a colaborar nesta iniciativa.