ALUMEAMOS O NADAL COA RECICLAXE

 O 2022 foi declarado pola ONU Ano Internacional do Vidro para destacar a importancia deste material que forma parte da nosa vida diaria; por este motivo quixemos acabar o ano cun Obradoiro de  reciclaxe do vidro organizado pola Biblioteca en colaboración co Club de Ciencia, e dirixido para alumnado de 2º e 4º da ESO. 

Para levalo a cabo rapaces e rapazas trouxeron da casa botes de cristal usados, pero tamén cartóns, plásticos, teas... e déronlles unha nova vida como adornos de Nadal para decorar o Centro primeiro e despois, os seus fogares, xa que cada alumno e alumna recolleu no último día de clase a súa orixinal creación.


Para completar esta actividade de reciclaxe alumnado de 1º de ESO deseñou bólas de Nadal  con follas de libros vellos moi estragados ou moi desfasados nos seus contidos dándolles unha segunda vida. 




Un xeito de diferente de desexar Bo Nadal e un Próspero Ano Novo cheo de novas aprendizaxes para toda a Comunidade Educativa. Continuaremos esforzándonos coa mesma ilusión e tesón en todos os proxectos que levemos a cabo no 2023!