Continuamos na nosa Biblioteca coa celebración do Mes do Libro e nesta
ocasión foi a nosa compañeira e profesora de
Xeografía e Historia, Elisa Franco Torres, que, en dous días diferentes, falou
ao alumnado de 4º da ESO e 2º Bacharelato do seu libro Pasaxes na Memoria. Historia e
testimonios dos represaliados políticos no concello de Sanxenxo (1936-1950).
A
autora reflicte na súa obra as experiencias vividas polas persoas afectadas
polo alzamento militar que orixinou á Guerra Civil española. A través dunha perfecta mestura de
información histórico-documental e da recompilación da memoria aínda viva, o
alumnado coñeceu as vicisitudes e consecuencias da violencia represora e
xenocida levada a cabo polos golpistas. Parte importante da súa charla
centrouse n´A Illa de San Simón, antigo lazareto convertido en campo de
concentración. O alumnado recoñeceu a realidade que describía Elisa nalgúns dos
libros que leran de Agustín Fernández Paz.
Esta monografía inscríbese
na necesidade de ter conciencia histórica e coñecer o pasado máis recente da
nosa historia para evitarmos repetir os erros que conduciron a un dos episodios
máis lamentables do noso país.