O alumnado de 3º da ESO recomenda a lectura de Un elefante na sala de estar

 


O tema do suicidio é un tema que nos dá medo abordar, e máis porque este índice está aumentando moito na nosa xeración. Foi un libro que nos achegou á morte dunha forma moi sinxela e que nos mostrou como podemos exteriorizar e compartir os sentimentos encontrados que no noso interior nacer a raíz dunha traxedia.

Compartindo a nosa opinión, pensamos que sería bo e didáctico ler este libro xa que nos ensina todo o que se pensa e pasa despois dunha morte causada: mais, a diferenza do que nos mostran as noticias, non só nos presenta o exterior da situación, se non tamén o interior do problema.