Foi un libro moi
divertido, gustounos moito a perspectiva de Luz e todo o que facía, rimos moito
lendo as súas ideas e as aventuras. É interesante porque ten tres perspectivas
diferentes dunha mesma historia: a inocente dun neno, a responsable dunha
adulta e a dunha muller maior trastornada. Volveríamos lelo sen pensalo, xa que
gozamos moito coa lectura e pasámolo moi ben.