MATEMAXIA NA BIBLIOTECA

 Hoxe no primeiro recreo realizamos un taller de matemaxia en colaboración co departamento de matemáticas, encadrado dentro das actividades para celebrar o mes da ciencia en galego.

Os nosos magos foron Yago e Manuel, alumnos de 4º da ESO. Os días previos contaron coa axuda do profesor Suso, para preparar o espectáculo.

O público quedou encantado co show máxico e aprenderon moito sobre algunhas das mulleres matemáticas máis importantes da historia.

                           😉😉😉Moitas grazas rapaces!😉😉😉