O DOMINÓ DO 25N
O alumnado de relixión de 1º e 2º da ESO, en colaboración coa biblioteca, realizou este dominó contra a violencia de xénero. En cada peza de madeira escribiron unha frase significativa sobre esta conmemoración e decorarana, para todas xuntas formar un dominó xigante que preside a entrada do noso instituto.
Foi un gran traballo que coordinou a profesora Trini co seu alumnado.