A escritora Almudena Grandes faleceu este fin de semana aos 61 anos. Foi unha das figuras máis representativas da literatura española, con obras como Las edades de Lulú, Malena es un nombre de Tango ou a serie Episodios de una guerra interminable, nas que reflexaba o seu compromiso político co feminismo e a loita política de esquerdas.