AS LETRAS DE XELA
Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.
Desde 1982, deu a coñecer os seus poemas en recitais, festivais e xornais e revistas.
En 1986 foi finalista do premio Losada Diéguez co seu primeiro libro, Denuncia do equilibrio.
En 1990 saíu do prelo Tigres coma cabalos, e, en 1996, o poemario Darío a diario, dedicado ao seu fillo. De 2003 é a súa derradeira obra, Intempériome.
Exerceu un labor pioneiro no mundo da tradución, que a fixo merecente de varios premios.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias, e na biblioteca fixemos estes 3 modelos de marcapáxinas que recollen unha pequena biografía sobre Xela e algúns dos seus versos.
O venres entregámosllos ao alumnado do noso centro para celebrar este 17 de maio.