EXPOSICIÓN ZOQUIÑAS VERMELLAS

 Camiñando contra o maltrato no IES Maximino Romero de Lema



A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema sigue cos preparativos da Semana Cultural, que se

celebrará durante a semana do 17 de maio, por iso, dende o día 11 de maio e ata finais de mes

contamos coa exposición Zoquiñas vermellas, símbolo de reivindicación dunha sociedade máis

igualitaria.

Este proxecto replica aquí, na Costa da Morte, a iniciativa dos Zapatos Vermellos da

artista mexicana Elina Chauvet que naceu con 33 pares de calzado vermello, da cor do sangue

en lembranza da súa irmá, vítima de maltrato, e de todas aquelas mulleres asasinadas e xa

para sempre ausentes.

Tras expoñerse en México, Arxentina, Chile, Ecuador, Italia, Reino Unido... a idea de

Chauvet chega adaptada a Galicia grazas á Asociación Oleira de Buño e a entidade Invisibles

para continuar denunciando esta lacra social.

No noso centro apostamos por manter vivo o debate para conseguir unha sociedade na

que o maltrato por ser muller non teña cabida. Por iso tamén contribuiremos coa venda de

broches de zoquiñas vermellas cuxa recadación irá destinada a prestar axuda a vítimas da

violencia de xénero.

Así mesmo tamén colaboramos facendo estas zoquiñas no noso obradoiro de olería, ao final poderedes ver algunhas fotos.