II
MES DO LIBRO
O
luns 29 de abril o alumnado de 3º da ESO e de FP Básica I asistiu
na Biblioteca a un encontro literario coa escritora Eva Mejuto.
Durante case dúas horas a escritora falou do libro 22
segundos,
“unha
proposta pioneira para falar aos
xóvenes da transexualidade e da necesidade de visibilizar esta
elección como unha tan válida e socialmente aceptada como calquera
outra”.
O
alumnado comentoulle entusiasmado
e preguntoulle con
moito interese
á autora dúbidas e curiosidades sobre esta
obra lida na clase. A
conversa mantida entre a autora e o alumnado resultou moi amena,
frutífera e enriquecedora.