II
MES DO LIBRO
O mércores 10 de abril o alumnado
de 2º de Bacharelato asistiu á charla “A
represión sobre as
mulleres tras o Golpe de
Estado do 36”,
impartida por Montse
Fajardo. Esta periodista
e escritora de libros como Matriarcas,
Un cesto de mazás
e Invisibles,
lembrou as consecuencias da Guerra Civil española.
A conferencia repasou as distintas
tipoloxías de represión contra as mulleres, sempre as grandes
esquecidas. Con exemplos, fotografías e historias duras, puxo nome
e apelidos a moitas mulleres galegas que foron duramente
represaliadas durante o Franquismo.
Reprodúcense algunhas das opinións
do alumnado asistente:
-
“Pareceume unha charla moi interesente, que nos fixo abrir os ollos
cara unha realidade onde non só os homes foron vítimas da represión
fascista, senón que tamén o foron as mulleres que quedaron, en gran
parte, esquecidas de selo. Fíxome conecatr con todos os casos de
mulleres que sufriron, de algún modo, esas humillacións, torturas e
unha durísima violencia sexista”.
-
“(…) nunca nos paramos a ver, xa que sempre nos centramos nos
mortos da guerra e non nas mulleres que padeceron unha brutal
represión”.
-
“(…) á parte de informativa e ilustrativa, con moitos exemplos
de mulleres torturadas que merecen que recordemos os seus nomes”.
-
“Gústoume moito a charla, o único que non me gustou é que
podería buscar algún exemplo cercano a nós, pero entendo que se
centrase na súa zona e non vai buscar un exemplo a cada lugar que
vaia.
Ademais,
conmovéronme as historias de amor dos homes que se entregaban para
que a súa familia deixara de sufrir”.
-
Abrumadora. Todos deberían de ter á oportunidade de coñecer esta
realidade tan reprimida e olvidada. Volvería a vivir esta charla sen
pensalo”.
-
“(…) conta unha das partes máis ocultas do Franquismo. A
represión contra as mulleres foi un dos feitos máis duros e tamén
dos máis silenciados (…).
-
“Estremecedor, vin o Franquismo dende unha óptica feminina. Montse
Fajardo amosoume a durísima realidade que sufriron as nosas
antepasadas e ademais deulles voz a esas mulleres...”
“(…)
paréceme positivo que se recupere a memoria destes feitos para poder
comprender mellor a difícil vida naqueles anos da Guerra Civil,
posguerra e diatdura franquista”.
“(…)
entre outras cousas impactoume moito a historia das Marías de
Compostela, dúas mulleres que se atopan na Alameda, que levo toda a
vida véndoas alí e ata onte non souben a verdadeira historia que
había detrás delas”.
“(…)
la charla entre otras cosas me ha hecho ver que es un asunto de
urgencia reconocer a todas esas personas y sus familiares,
dignificarlas y a lo mejor poner el 18 de julio como el Día de las
víctimas del franquismo”.
“Persoalmente
gustoume moito esta charla porque nos ofreceu información e
historias moi interesantes, aínda que tristes e cheas de violencia,
dunha época que marcou a vida de moitas persoas”.
“A
charla pareceume moi interesante e aportoume outro punto de vista que
non se nos soe contar e que tampouco aparece nos libros de texto. Ao
mesmo tempo creoume una impotencia ao ver todo o que tiveron que
pasar as mulleres galegas durante esta etapa da historia”.