II
MES DO LIBRO
O venres
12 de abril o alumnado de 1º
da ESO asistiu na Biblioteca a un encontro literario coa escritora
Antía Yáñez. Durante unha hora comentaron e preguntáronlle a
autora dúbidas e curiosidades sobre o libro O
misterio de Portomarín,
obra literaria lida na clase. Este alumnado, xunto coa súa profesora
de Lingua Galega fixeron varios “libros-cómics” sobre dita obra,
agasallando cun exemplar a Antía.
Este
mesmo día o alumnado de 1º de Bacharelato tamén tivo un encontro
con esta mesma autora, tratando nesta ocasión a temática do libro
Senlleiras.