Comezamos o ano con esta entrevista que nos fixeron para o xornal
"A Voz de Galicia".
"A biblioteca do IES Maximino Romero (Baio) é moi normal, random dirían os rapaces, e iso en Galicia quere dicir que é extraordinaria. Neste espazo no que traballan de voluntarios o 10% do alumnado hai tanta vida que desborda as paredes e enche as aulas. Marta Nantón coordina un equipo que completan Trinidad López, Ana Fuentes e Hortensia Román, e que traballa arreo dende o primeiro día do curso."