MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

                       Un minuto de silencio no IES Maximino Romero de Lema

 

Un ano máis a Biblioteca segue a ser o centro impulsor de actividades relacionadas coa concienciación e sensibilización cara a determinadas lacras sociais; nos días pasados levamos a cabo distintas iniciativas arredor do 25N que involucraron a toda a Comunidade Educativa. O cume de todas foi a realizada  o pasado venres cando todos e todas participamosnunha homenaxe ás vítimas da violencia machista, que consistiu en que en cada aula alumnos e alumnas lían o manifesto diante dos seus compañeiros e compañeiras e, a continuación, gardaban un minuto de silencio; mentres no patio o grupo de  2º de ESO fixo unha “performance” arredor dos 38 pares de zapatos sobre unha tea violeta, que lembraban as mulleres asasinadas. Velaquí vos deixamos un vídeo que recolle a esencia desta iniciativa.