1º e 2º de ESO recrean narracións tradicionais no Samaín
O pasado venres co gallo do Samaín contamos na Biblioteca con excelentes contistas de 1º e 2º da ESO que relataron contos e lendas tradicionais arredor da morte que lles transmitiron no seo da familia. Mortos, aparecidos, almas en pena, fantasmas... acompañáronos durante as dúas sesións nas que houbo algún que outro sobresalto, arrepío, medo... mais tamén bombóns que unha leda caveira ofrecía a quen participaba, e moitos risos por parte do público asistente. Velaquí vos deixamos o vídeo no que aparecen os/as principais protagonistas de 2º ESO.
O arquivo fotográfico de 1º da ESO está no alén por unha brincadeira de Escarlatina, a cociñeira defunta, mais o Equipo da Biblioteca promete rescatalo o antes posible para revelarlle ao mundo do aquén este impresionante documento do noso patrimonio cultural.