É unha novela negra que
atrapa dende o comezo, porque que todos os personaxes son sospeitosos e con
cada capítulo só desconfías máis deles. Ten unha trama moi interesante onde se
manifestan moitos problemas da sociedade actual, con personaxes con problemas
reais e sentimentos cos que te podes identificar. Ademais, o final foi un final
moi impredicible que te deixa con moitas preguntas (as cales resolveu despois a
escrituras poñendo un capítulo de cada personaxe). Quedamos abraiados e
encantados coa lectura e coa parella de policías Abad e Barroso. Animámosvos a
que leades este libro.