A Biblioteca colaborou coa mteria de Igualdade de Xénero, nesta exposición na que o alumnado de 2º Bacharelato elaborou unha mostra que recolle algunhas das mulleres máis significativas da historia de Galicia.
Nesta exposición, que está colocada no primeiro andar do Centro, podemos achegarnos e coñecer algúns datos de mulleres tan relevantes e da talla de Rosalía de Castro, Concepción Arenal, María Castaña, Elisa e Marcela, M.ª Xosé Queizán, Asunción Antelo, Elena Piñeiro, Maruja Mallo, as Marías.