O 8 de febreiro de 1835 naceu Eduardo Pondal. Para conmemorar esta data, na entrada do noso centro hai unha exposición con algúns dos seus libros.
Nesta xornada queremos recordar ó Bardo de Bergantiños co seu poema máis coñecido e que conforma o himno de Galicia: Os pinos.
¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.