TERROR MATEMÁTICO





💀


Parece que o Samaín xa chegou ao noso Centro! 

Esta vez a abrímoslle as portas a esta celebración coa exposición "Terror Matemático", iniciativa do Departamento de Matemáticas e do alumnado de 4º da ESO.

Neste taboleiro atopamos diferentes temas matemáticos:


  • Unha cinta de Möbius , superficie regrada dunha soa cara.
  • Varios caleidociclos ( formados por tetraedros que xiran infinitamente sobre si mesmos) con temática de Escher ou do Samaín.
  • Unha figura baseada no “Dragón óptico” que é unha ilusión óptica 3D.

A maiores hai estruturas matemáticas máis coñecidas como esferas, simetrías, números, círculos, ....


https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=7181&mailbox=SU5CT1g&uniq=1571736479613