ENCONTRO
LITERARIO CON LOLA RONTANO
O
mércores 23 de outubro a profesora de Francés do IES Maximino
Romero de Lema (Baio-Zas) Lola Rontano, presentou perante o alumnado
de 1º de Bacharelato o libro Austroatlántica, obra coa que
gañou o XXX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lengua
Castellana, 2018. O venres 25 de outubro fará a súa presentación
co alumnado de 2º de Bacharelato, en horario de 10:45-11:35 horas.
Dende
o IES Maximino Romero de Lema transmitímoslle os nosos parabéns e
animámola a seguir nesta senda de éxito.